Patas Arriba

Hace ciento treinta años, Alicia se metió en un espejo para descubrir el mundo al revés. Si Alicia renaciera en nuestros días, no necesitaría atravesar ningún espejo: le bastaría con asomarse a la ventana. E.G.

12 horas en bici

lunes 21 abril 2008


O sábado 26 de abril, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade sen malos fumes, ruídos nin atascos. Podendo entrar e saír a calquera hora e cantas veces se queira, esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades e invitar aos cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes alternativos ao automóbil. É posible acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas funcións e actividades que realizamos nas súas rúas. Coa vosa participación, conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.

Sabado 26 de Abril, de 10 a 22h na Coruña. Percorrido circular de Porta Real á Praza de Ourense.

Para máis info: masacritica






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado